Friday 17 de May de 2024

Campaña informativa de Nadal: “Un xoguete, un mundo”


A Concellería de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha, un ano máis, a Campaña informativa de Nadal: “Un xoguete, un mundo”; unha iniciativa que trata de ofrecer a toda a poboación información que axude á boa elección dun xoguete.
Así mesmo, preténdese concienciar e sensibilizar á cidadanía da importancia que ten o xogo, e de fomentar o uso de xoguetes que transmitan valores positivos e educativos.
Para levar a cabo esta campaña foron elaborados dípticos informativos nos que se ofrecen unha serie de consellos prácticos e unha clasificación de xoguetes por idades.
Esta información será distribuída polas distintas dependencias oficiais, centros educativos e asociacións do municipio.